Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

A CIG ENSINO GANHA AS ELECCIÓNS NO ENSINO NON UNIVERSITARIO

08 Dec 2014

Incrementa a súa representación e a porcentaxe de delegados e delegadas e votos, pasando do 43.5% do ao 2010 ao 46.24% en toda Galiza

Agradecemos publicamente a confianza e apoio do profesorado por supor un aval e un reconhecemento ao trabalho realizado pola CIG-Ensino durante estes catro anos, á nosa oposición ás afrontas e abusos da Conselharía, ao noso combate permanente contra a LOMCE e contra a desconsideración co noso idioma.

A CIG-Ensino acada a maioría absoluta na provincia da Corunha con 23 delegados e delegadas e na de Pontevedra con 21, que representan o 80% do profesorado. A CIG-Ensino tamén é a primeira organización sindical en Lugo con 10 delegados e delegadas e en Ourense con 9 delegados e delegadas. 

Os resultados tamén amosan umha maior distancia da segunda organización sindical que só conseguiu o 15.3% fronte ao 46.24% da CIG-Ensino 

O 70% do profesorado exerceu o seu dereito a voto (20.901 profesores e profesoras), participación semelhante á de hai catro anos. 

Estes resultados afianzan o modelo sindical galego, de clase, plural, democrático e participativo, próximo ao profesorado e que aposta por un ensino público, galego, gratuíto, laico e coeducativo que representa a CIG-Ensino. 

O señor conselheiro ten que asumir estes resultados de apoio maioritario á CIG-Ensino e asimilar que suponhen a reprobación e a derrota da política educativa da Conselharía, asentada no autoritarismo, no menosprezo do profesorado, no deterioro do ensino público en beneficio do concertado e no desleixo co noso idioma.

Os resultados suponhen umha emenda á totalidade ao comportamento antidemocratico e ao desmantelamento do ensino público da Conselharía de Educación. A CIG-Ensino exixirá a apertura de negociación para acadar a restitución dos dereitos laborais e salariais do profesorado, uns cadros de persoal amplos nos centros, a redución do alumnado por aula, a elaboración dun estatuto galego do profesorado que recolha as reivindicacións do profesorado e umha lei galega de educación. Umha lei galega de educación que leve consigo a derrogación da LOMCE, que se fundamente na defensa do ensino público e laico, na galeguización do ensino , na eliminación dos concertos educativos, nomeadamente os que segregan alumando por razón de xénero; e na consecución dun ensino totalmente gratuíto e equitativo para o cal é necesario dedicar o 7% do PIB. 

 

Volver