Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
1º Maio 1936 Verín
Prego pra recolher sinaturas e Proposta de Distincións
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

A CIG ENCETA A CAMPANHA DE RECOLHA DE SINATURAS A PROL DE QUE SE CONCEDAN DISTINCIÓNS AOS/ÁS REPRESALIADOS/AS POLO FRANQUISMO NA COMARCA DE MONTERREI

30 Xun 2015

Colabora connosco. Axúdanos a que se faga xustiza 80 anos despois !!

Todos/as aqueles que queiran colaborar coa CIG na recolha de sinaturas pra que se leven a cabo as modificacións propostas ao Concelho de Verín, o día 22/07/14, a favor dos/as represaliados/as polo franquismo na comarca de Monterrei, poden facelo do seguinte xeito:

1º.- A recolha de sinaturas extenderase dende o día 30 de xunho do 2015 ao 13 de xulho do 2015

O día 13 de xulho, inexcusabelmente, terán que estar entregadas as sinaturas na CIG de Verín ou enviadas (escaneadas) por correo electrónico a: verin@cig-verin.gal.

2º.- As listaxes pra recolher as sinaturas podes descargarlas, premendo no PDF que hai por baixo da foto.

3º.- Solicitámosche que, se queres colaborar, partilhes por facebook, twitter, whatsapp, correo electrónico, etc., este comunicado pra chegar ao máximo número de persoas posíbel e pra que outros e outras tamén poidan axudarnos a recolher sinaturas.

4º.- Umha vez que tenhamos as sinaturas no noso poder presentarémolas ao Alcalde de Verín, sobre o día 15 de xulho de 2015, reclamando que se concedan as distincións propostas na solicitude do 22/07/14, que, tamén, podes descarregar, premendo no PDF que hai por baixo da foto.

5º.- Na actualidade, estamos en conversas con Concelho de Verín pra facer realidade esta proposta, tentando organizar un acto de Homenaxe ás Vítimas do Franquismo que coincida coa concesión das modificacións requiridas. Porén, cantos/as mais sexamos, mais doado será conseguilo.

É de xustiza que case 80 anos despois se rehabilite a memoria dos/as que permitiron que, hoxe, poidamos ter a liberdade necesaria pra expresarnos, criticar, decidir, querer, en definitiva, pra ser persoas, malia que algúns queiran talharnola.

Descarrega o prego pra recolher sinaturas premendo no PDF e axúdanos a conseguilo

Volver