Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

A CIG denuncia que a inacción do Concello de Verín incrementou a taxa de paro nun 42% en catro anos

18 Mai 2011

A cifra de desempregados/as sitúase en 1.730 persoas, das que 509 contabilizáronse tras a chegada do PP á Alcaldía

A central nacionalista considera que as xestións dos responsábeis municipais nesta materia “son das máis desastrosas do país”e poñen o acento no feito de que o desemprego se incrementase en 509 persoas dende que o PP relevou ao tripartito á fronte do Concello. En só catro anos a cifra de paro pasou do 12,83% en 2007 ao 18,18% rexistrado en 2011. Estas cifras sitúan a Verín como o municipio con máis desemprego da provincia de Ourense e un dos de maior paro porcentual de Galiza.

Dende a CIG sinalan que a xestión do rexedor “bateu todas as marcas de ineficacia e mala xestión”, tal e como se desprende de comparativa de taxas de paro: a do conxunto do país situouse nun 17,33% no mes de abril, mentres que a rexistrada en Verín está un punto por enriba.

Finalmente, tampouco esquecen que o presidente da Xunta, Alberto, Núñez Feijóo, prometera antes de acceder ao cargo que remataría co paro en 45 días, “algo que non só non fixo senón que se revelou como un alumno avantaxado do alcalde de Verín”.

Volver