Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

A CIG DENUNCIA Á XUNTA POR INCUMPRIMENTOS EN MATERIA DE RISCOS LABORAIS NO PARQUE DO INVERNADOIRO

14 Xul 2017

Alertan do perigo que sofren @s traballador@s e visitantes do parque do Invernadoiro

O 14/07/2017 a CIG denunciou á Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio de Ourense perante a Inspección de Traballo e Seguridade Social por incumprimentos graves en materia de prevención de riscos laborais e seguridade.

Dende o apagón analóxico en decembro de 2016, o persoal e usuarios/as do Parque Natural do Invernadoiro están totalmente incomunicados (non hai nin emisoras nin cobertura móbil), situación que se mantén a día de hoxe. Non se respectan as medidas preventivas mínimas que garantan a seguridade e saúde e a vida das persoas. Non existe Plan de Emerxencias e Evacuación e a Avaliación de Riscos co plan preventivo, de habelo, é descoñecido polos traballadores, non existe ningún protocolo de traballo e evacuación, non hai información nin formación en materia de seguridade e primeiros auxilios. As instalacións non dispoñen dun botiquín adecuado, feito mais grave pola situación de aillamento territorial e de comunicación na que se atopan. Ademais o persoal non ten EPIs, a maquinaria esta obsoleta, non teñen roupa adecuada para as tarefas e que os protexan das oscilacións térmicas características desta provincia e da alta montaña, e os vehículos non son avaliados tendo algún de mais de 300.000km. Esta situación faise en moitos casos extensiva a moitos centros da Galiza, xa que o persoal da Dirección Xeral do Patrimonio Natural non ten emisoras dende o 1 de xaneiro de 2017.

Dende a CIG temos denunciado esta situación de falla medidas preventivas e comunicación perante o Servizo de Prevención e a Consellería de Medio Ambiente sen que houbese resposta e se actuase para minimizar os riscos.

Volver