Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

A CIG de Verín vén de impugnar os orzamentos municipais

28 Xul 2009

Lembra que a relación de postos de traballo contén elementos discriminatorios para o persoal

Así mesmo, dende a CIG de Verín lémbrase que se vulnerou o dereito de negociación colectiva e o procedemento legal para a aprobación dos orzamentos, por canto o alcalde do Concello, coñecedor de tais discriminacións, non só se negou a negocialas, senón que, mesmo, “se negou a arranxalas administrativamente; perpetuando unha situación inxusta nas normas municipais”.

A CIG-Verín atopara dous tipos de defectos na RTP municipal e no cadro de persoal e no anexo correspondente ao persoal laboral e funcionario para o 2009. Estes defectos refírense aos salarios base do persoal laboral, recollidos na RTP, que “poden ser nulos, por canto non gardan a debida equivalencia retributiva”, xa que dentro da mesma categoría profesional establécense salarios diferentes, creando así “discriminacións económicas entre traballadores/as que desenvolven idéntico traballo”.

Volver