Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

A CIG de Verín organiza unha homenaxe popular ás vítimas do réxime franquista na comarca

14 Xul 2011

O acto inclúe a proxección dun documental sobre a represión fascista na zona e unha festa

A parte central da homenaxe consistirá na proxección dun documental, realizado para esta celebración, no que se analizarán os sucesos que aconteceron na vila de Verín hai 75 anos, entre o día 20 e 22 de xullo de 1936, relativos a conformación dunha milicia popular armada para a defensa da República e contra o golpe de estado.

Esta iniciativa daría lugar posteriormente á detención de ducias de persoas da comarca e á formación dun consello de guerra contra o alcalde, a corporación republicana da vila e sindicalistas e políticos que remataría co fusilamento dos representantes municipais do concello, en xuño de 1936 no cuartel de San Francisco de Ourense. Outros militantes antifascistas da vila foron condenados a penas de máis de 20 anos de reclusión.

 “Tras a proxección do documental haberá unha festa popular en homenaxe a todos as persoas que foron reprimidas, fusiladas, encarceradas, escapadas, exiliadas e executadas polo terrorismo falanxista e franquista nas comarcas de Verín e Conso Frieiras”, indican dende a Unión Local da CIG.

Volver