Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

A CIG DE VERIN INFORMA SOBRE O ESTADO DAS SOLICITUDES DE RESCISIÓNS DE CONTRATOS NA E P SEAGA

13 Set 2019

Polo momento, a empresa non deu resposta algunha

A CIG de Verín informa que o 1 de agosto asinou-se a acta final da negociación da “Modificación substancial de carácter colectivo das condicións de traballo” presentada pola E.P. SEAGA, S.A. para os traballadores/as destinados ás FAIXAS.

A negociación deu lugar a que a EP SEAGA tivera que aceptar as propostas da CIG, entre outras, as dirixidas a manter o soldo dos traballadores/as, a garantir unha xornada ordinaria e regular e a compensar as horas extras en certas situacións e excesos de traballo. Evidentemente, nas reunións só unha central sindical foi quen provocou que a empresa se ollara na obriga de negociar e xa podedes imaxinar cal foi esa central sindical !!!!

A CIG conseguiu, para aqueles traballadores/as destinados aos traballos das faixas, parar o intento de precarizar aínda mais as súas condicións de traballo e calquera que desexe obter a copia do acordo final da modificación substancial debe dirixir-se ao local do sindical a solicitala.

Ademais, no acordo, introducimos unha cláusula dirixida a garantir, aos traballadores/as que se puidesen considerar prexudicados pola modificación substancial, os dereitos que lle confire o Estatuto dos Traballadores/as no que atinxe á opción de rescisión indemnizada.

E de acordo co anterior, a primeiros de agosto, como sabedes, iniciamos unha campaña para facilitar, a todos/as os traballadores/as que se considerasen prexudicados pola modificación, a solicitude de rescisión do seu contrato, con dereito a 20 días de soldo por ano de servizo, cun máximo de 9 mensualidades.

Polo que sabemos, a SEAGA NON CONTESTOU AÍNDA AS SOLICITUDES DE RESCISIÓN REXISTRADAS POLOS TRABALLADORES/AS, circunstancia que equivale á DENEGACIÓN DAS MESMAS.

 En consecuencia, a ASESORÍA NACIONAL da CIG está a estudar responder a este silenzo da empresa por dúas vías:

          - A presentación dunha DEMANDA PLURAL en Santiago de Compostela (sede da empresa) contra EP SEAGA, reclamando o pagamento das indemnización de todos os traballadores/as que nos entregaran as copias das solicitudes de rescisións.

        - A presentación dun CONFLITO COLECTIVO contra a XUNTA E A SEAGA pola posíbel concorrencia dunha SUCESIÓN DE EMPRESA na operación de traspaso de traballadores/as da SEAGA ao Servizo de Incendios.

Tanto a primeira como a segunda reclamación contan con 1 ano de prazo para poder ser presentadas, polo que todos/as os que entregastes os papeis para rescindir os contratos debedes ficar tranquilos/as até que tornemos a informar; tendo en conta que se alguén recibe algunha resolución POR ESCRITO da SEAGA, sobre a solicitude de rescisión, debe inmediatamente entregala na CIG.

Volver