Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

A CIG IMPUGNARÁ OS ORZAMENTOS PRA 2017 DO CONCELHO DE VERÍN

24 Out 2017

A falta de negociación coas centrais sindicais levará á CIG a impugnar os orzamentos de 2017

"Na última comunicación que vos enviamos, relativa á Comisión celebrada o día 10/10/17, informabamos de que o Grupo de Goberno do Concelho nos propuxera para 2017 o seguinte:

- A recualificación dos postos dos policías locais (ao parecer negociada con algúns membros da policía, non ca CIG).
A aplicación do incremento previsto na Lei de Orzamentos do Estado para 2017, do 1%, para todo o persoal do Concelho (funcionario e laboral).

- A homologación do persoal laboral co persoal funcionario, aplicando no orzamento 2017 umha partida de 30.000 euros, que se pagarían a conta.

Malia non estar de acordo conque non se incluíse ao persoal funcionario (non policial) na proposta de recualificación de postos, requirimos ao Concelho para que nos entregase os Informes de Secretaría e Intervención que avalaban a legalidade das súas propostas, a fin de poder sometelas, con garantías, a umha votación de todo o persoal. Pois ben, resulta que o día 20/10/17, na reunión da Mesa Xeral de Negociación, o Grupo de Goberno, numha das súas características piruetas de "escapismo" revelounos que as propostas realizadas por eles na reunión anterior "dasapareceran": xa non eran para 2017, agora eran para 2018 !!! Maxia !!!

Ante tal anuncio, a parte sindical perguntou que era o que estabamos a negociar para o 2017 ? porque se as propostas feitas correspondían ao orzamento de 2018, a Mesa Xeral en realidade non estaba tratando nada do solicitado polos sindicatos para o incorporar ao orzamento de 2017, malia ter presentado a CIG umha alternativa de mais de 200 folios !!!

Pois así son as cousas, tras "vender" fumo a diversos colectivos de persoal sobre "fabulosas" milhoras laborais, salariais e de todo tipo, o certo é que o único que vai facer o Grupo de Goberno do Concelho, no ano 2017, é:

a) Convocar 5 postos de funcionarios por valor de 168.000 € anuais (aprox).

b) Incrementar o 1% en todos os soldos do persoal como ordena a Lei de Orzamentos do Estado.

En consecuencia, non existindo negociación de nengún tipo, senón "engano", "dilación" e "brincadeira", a CIG impugnará os Orzamentos do Concelho para 2017, por violación do dereito á liberdade sindical, na súa ladeira de negociación colectiva, a menos que se atendan as alegacións que se han formular, umha vez que o Pleno do Concelho aprobe inicialmente os Orzamentos".

 

Volver