Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

A CIG FORMULA RECLAMACION DE CONFLITO COLECTIVO FRONTE AO CONCELHO DE VERÍN

05 Xul 2018

Solicita que se transforme as relacións laborais temporais, dos trabalhadores/as de certos servizos municipais, en indefinidas descontinuas

No día de onte, a CIG presentou, no rexistro electrónico do Concelho de Verín, umha reclamación de Conflito Colectivo solicitando ao ente local que transforme as relacións laborais temporais, por obra ou servizo e eventuais por acumulación de tarefas, dos trabalhadores/as de certos servizos municipais, como: Conservatorio, Escola de Artes e Oficios, Deportes, Escola de Familia, Brigada de Incendios, Escola de Gaita e Danza, etc.. en relacións laborais indefinidas, de carácter fixo descontinuo o de carácter parcial.

A diferenza entre umha e outra situación é evidente: se se reconhece a condición indefinida descontinua deste persoal non han estar sometidos, como até agora ven pasando, a asinar contratos temporais todos os anos cando comezan as campanhas ou cursos, senón que o Concelho terá a obriga de chamalos a trabalhar cando comecen tais campanhas ou cursos, por seren trabalhadores/as permanentes aínda que con prestación de servizos descontinua. Ademais, poderán cobrar o complemento de antigüidade, como os demais, calculado tendo en conta todo o tempo, tanto o tempo de actividade das campanhas, como o temo de inactividade.

É certo que a situación irregular na que se atopan, polo menos, 35 trabalhadores/as municipais ven de longo, de gobernos municipais anteriores, mais non é menos certo que, tras 3 anos de mandato do novo grupo de goberno, non se fixo nada por regularizar a este colectivo de persoal.

O Concelho de Verín dispón dun mes pra respostar a demanda, se non a resposta, como fai decote, presentarémola tamén no Xulgado.

Volver