Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

A CIG de Verín denuncia que a dirección da Vidreira pretende impor un “peche patronal ilegal”

26 Xun 2009

A empresa propuxo parar dúas das tres liñas de producción durante a folga de 15 días sen garantir o reinicio da súa actividade

A Dirección da empresa propuxo aos traballadores/as un sistema de servizos de seguranza e mantemento para as xornadas de folga que implica, a xuízo do responsábel da CIG-Verín, Anxo García Torres, “un pechamento patronal ilegal”, posto que, a dirección dispuxo o paro de dúas das tres liñas de produción, “sen dar as garantías adecuadas para o reinicio da actividade no seu momento”.

Consecuentemente con tal decisión, que foi comunicada na mañá do xoves 25 aos traballadores/as, sen esperar á estabelecer negociacións co Comité de Folga, o organismo de representación dos traballadores/as denunciou á Vidreira do Atlántico perante a Inspección Provincial de Traballo, perante a Subdelegación do Goberno e perante a Delegación Territorial da Xunta en Ourense, “por canto o pechamento total de dúas das tres liñas de produción, procura danar os medios de produción empresariais e non garante o reinicio da actividade laboral”.

“Se nas xornadas de 32 horas de folga, a empresa fundaba a fixación dos servizos mínimos na imposibilidade de parar o fluxo do vidro, non semella presentábel nesta convocatoria, facer todo o contrario: parar o fluído do vidro en dúas liñas de produción”, apuntaba García Torres.

Posibilidade dunha suspensión cautelar

De non existir outro acordo, o venres 26 comezará a folga de 15 días da Vidreira do Atlántico e, de igual xeito, se a Dirección non retira o sistema de servizos mínimos imposto, o Comité de Folga podería chegar a decidir, sempre despois do luns día 29, a suspensión cautelar da medida de presión, “para evitar o desastre que procura provocar a dirección empresarial con este peche patronal encuberto”. Así, reanudaríase posteriormente, e unha vez se determine un sistema de servizos mínimos que garanta a continuidade da factoría e dos seus medios de produción, as xornadas de folga.

Proceso negociador

O Consello Galego de Relacións Laborais conseguiu que a Dirección da Empresa Vidreira do Atlántico, S.A. aceptase o inicio dun proceso negociador, xunto coa CIG e coa representación legal dos traballadores/as, mais adiando a data prevista en inicio até o próximo día 1 de xullo.

Non obstante, a CIG mantén a convocatoria de Folga para o día 26 de xuño que, no caso de chegar a algún tipo de acordo, se iría suspendendo día a día, a partires do propio día

 

Volver