Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

A POLICIA LOCAL DE VERIN LEVA MAIS DE 900 HORAS EXTRAS EN 6 MESES

12 Xul 2017

O corpo policial acorda a non realización de mais horas extras

14 dos 16 membros do corpo da policía local de Verín venhen de comunicar, no día de hoxe, ao Alcalde do Concelho de Verín o seguinte:

Nos 6 primeiros meses do ano, a media de policías locais en activo, situouse na insuficiente cifra de 13 números.

Nise período, os 13 policías realizaron un total de 936 horas extraordinarias. É dicer, 72 horas extraordinarias de media cada mes, cando o número máximo de horas extraordinarias, segundo o artigo 34 do Acordo Regulador, se sitúa e 60 horas ao ano.

Igualmente, trabalháronse as horas extras que se sinalan, co seguinte gasto salarial:

                         * 165 horas extras festivas:                         15.765,75 €

                        * 150 horas extras diarias:                          11.464,50 €

                        * 621 horas extras nocturnas:                    71.203,84 €

                        Total: 936 horas extras                                98.434,09 €

De continuar iste ritmo de realización de horas extraordinarias, na fin do ano, o cómputo acadaría os seguintes resultados:

                        * 140 horas extras por policía

                        * 1.872 horas extras/ano

                        * 196.868,18 €/ano de custe.

Co gasto salarial en horas extras poderían convocar oposicións para a selección de 4 policías locais mais.

Por tais razóns, os membros da policía local de Verín tomaron os seguintes acordos:

a) Dado que na actualidade xa se sobardou o límite legal de 60 horas/ano, por policía local, non é posíbel a realización de mais horas extras nocturnas, festivas, nen diurnas por parte de nengún policía local, sen vulnerar o Acordo Regulador e a Lei.

b) En consecuencia, a policía local non realizará, dende este mesmo mes, nengumha hora extra mais, de nengún tipo, agás as urxentes para a prevención ou reparación de sinistros.

c) Sería conveniente que se celebrasen as xuntanzas adiadas polo Concelho de Verín, cos representantes legais e sindicais dos trabalhadores/as, se é que o Concelho ten algún interese en solucionar un problema mais na nefasta e errática actuación que está a levar adiante en materia de persoal.

 A Unión Local de Verín da Confederación Intersindical Galega apoia a medida acordada polos policías locais e urxe a Gerardo Seoane, Alcalde de Verín, a que deixe facer anuncios propagandísticos e se sente a negociar umha solución a un novo conflito que, como todos, deriva dumha concepción errada da política de persoal, a medio da que se considera a umha institución pública como umha empresa privada.

Volver