Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
Rosario Rdz (Concelheira Persoal)
Escrito solicitude revisión
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

A CIG REQUIRE A REVISIÓN DA BAREMACIÓN DA PRAZA DE RECEPCIONISTA AO CONCELHO DE VERIN

03 Dec 2015

Hoxe rexistrouse o escrito de solicitude de revisión da baremación da praza

Diante das queixas de varios participantes no proceso selectivo convocado pra cobertura dumha praza de recepcionista no Concelho de Verín, relativas a posíbeis erros na baremación provisional das solicitudes formuladas, a UL da CIG de Verín e A Limia ven de solicitar á Concelheira de Persoal e Réxime Interior da Institución Municipal que sinale día e hora pra facilitar á nosa central sindical a revisión da baremación provisional realizada dos méritos dos candidatos e candidatas participantes, co obxecto de rectificar ou ratificar tal trabalho.

Este método de revisión das baremacións foi o acordado na última Mesa Xeral de Negociación do Concelho entre o Grupo de Goberno e as centrais sindicais e, por primeira vez, neste mandado, imos polo en marcha pra corrixir ou confirmar os resultados dun proceso selectivo de persoal, co obxecto de darlhe garantías de transparencia aos/ás participantes e á cidadanía en xeral.

Tras realizar a revisión solicitada, publicaremos o noso ditame sobre a corrección do trabalho realizado.

Preme debaixo da foto pra descarregar o escrito de solicitude de revisión

Volver