Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

OS CONCELHOS DA COMARCA DE MONTERREI APROBAN, COA CIG, UMHAS BASES DE CONTRATACIÓN DE PERSOAL

14 Xun 2017

Subscribiron as Bases a Mancomunidade de Verín e os Concelhos de Monterrei, Laza, Oímbra, Cualedro e Vilardevós

Hoxe, día 14 de xunho do 2017, no Salón de Plenos do Concelho de Verín celebrouse umha xuntanza "histórica" da Mesa Xeral de Negociación da Mancomunidade de Verín e dos Concelhos de Monterrei, Laza, Oímbra, Cualedro e Vilardevós, en cuxo ámbito se pactaron umhas Bases Xerais da Contratación do persoal, fixo e/ou temporal, para regular as ofertas e convocatorias específicas que poidan realizar tais institucións locais a partires da entrada en vigor da citada norma.Dende a CIG debemos felicitar tanto aos Concelhos da Comarca Monterrei, como aos cidadáns/ás en xeral, porque dende manha (data de entrada en vigor) vai existir umha normativa que permitirá un rigoroso control das contratacións que realicen as anteriores entidades locais.

Entre outras cuestións as Bases Xerais contemplan:

 a) Un período de duración e vixencia cuatrienal, prorrogábel por períodos iguais até que sexan negociadas e substituídas por umha novas.

 b) Un ámbito de aplicación, non só aos Concelhos de Monterrei, Oímbra, Cualedro, Vilardevós, Laza e á Mancomunidade de Verín, senón a calquera figura societaria na que tais entidades conten  coa maioría de participación ou representación, como poderían ser: asociacións, consorcios etc.

 c) A eliminación das entrevistas persoais subxectivas e a avaliación dos aspirantes a seren contratados só mediante o sistema de concurso oposición, con coñecimento e publicación previa dos temarios e da pontuación de cada requisito que se esixa.

 d) O dereito das centrais sindicais a controlar todos os expedientes de contratación que se inicien, así como a negociar as bases específicas de cada posto que se oferte e, mesmo, a informar sobre as reclamacións que poidan formular os cidadáns/as.

 A decisión dos Concelhos de Monterrei cobra especial valor por canto é a primeira vez que un grupo de concelhos, constituídos en comarca, acordan someterse a un rigoroso control sindical das contratacións de persoal que realicen, a fin de garantir o dereito á igualdade de todos os cidadáns/ás.

 A partires de manha as Bases entran en vigor e deben ser publicadas, con carácter simultáneo e permanente, en todas as páxinas web dos Concelhos asinantes, da Mancomunidade de Verín e da CIG, así como no Boletín Oficinal da Provincia de Ourense.

 Finalmente, indicar que a CIG convida aos Concelhos de Castrelo do Val, O Rios, A Gudinha, A Mezquita, Vilarinho de Conso e Viana do Bolo a subscribir esta normativa para que o emprego público poida ser cousa de todos os cidadáns e cidadás e non duns poucos privilexiados/as. No que atinxe ao Concelho de Verín salientar que a razón pola que non participa neste proceso de negociación ten a ver conque isa entidade local dispón dumhas bases propias, moi semelhantes, publicadas no BOP do 21/12/2004, hoxe en vías de actualización e que son das primeiras da provincia de Ourense que entraron en vigor.

Volver