Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

A CIG CORREOS INFORMA SOBRE A CONSOLIDACIÓN DE EMPREGO E O EXAME DE INGRESO

30 Out 2018

Queren informar ante as continuas queixas e consultas recibidas

Diante as continuas queixas e consultas que estamos a recibir con respecto a tódalas irregularidades ocorridas tanto no primeiro exame do día 30 de setembro como do día 21 de outubro temos que dicir o seguinte:

 -  A CIG foi o primeiro sindicato en denunciar  tódalas irregularidades acontecidas no exame do día 30 de setembro.

-  A CIG estivo presente no exame extraordinario do día 21 de outubro celebrado en Santiago e os exames viñan precintados e numerados.

-  Que a CIG ten a disposición de tódolos os seus afiliados a Asesoría Xurídica.

-  Que a CIG ten presentado por escrito ao Órgano de Selección tódalas irregularidades con respecto ao exame extraordinario do día 21 de outubro, denunciando entre outras as seguintes cuestións:

 -Falta de transparencia non publicando nin o exame nin a folla de respostas do exame do día 21 de outubro na web de Correos - Como é posible que ninguén se dera de conta que habían 9 preguntas repetidas e quen é o responsable?? - Como se vai a establecer a nota de corte para os que se examinaron o día 30 de setembro e os do día 21 de outubro? - Que, coa anulación de 12 preguntas no exame do día 21 (un 12% dun exame de 100 preguntas) hai un prexuízo dobre sobre estes aspirantes, pois pode afectarlles na puntuación que se da para as Bolsas de contratación polo número de preguntas acertadas. - Que decisións se pensan adoptar co respecto ás irregularidades acontecidas no proceso en xeral de Consolidación ???  Etc, etc

-  Ademais queremos deixar claro que o encargado de efectuar as probas, adoptar as medidas oportunas para a realización do proceso selectivo, aprobando as instrucións que estima pertinentes, é dicir os responsables de todo esta CHAPUZA é o ÓRGANO DE SELECCIÓN e teñen nome e apelido:

 MEMBROS TITULARES DO ÓRGANO DE SELECCIÓN

Presidente D José Carmelo Molina Marzo

Vocal D Alejandro Llinas Pérez

Vocal D Carlos García González

Vocal Dª Victoria Sendín Álvarez

Vocal Dª Rosa María Martínez Muñoz

Vocal (CC.OO.) Dª María del Mar Curto Polo

Vocal (U.G.T.) Dª Fortina López Ansede

Vocal (C.S.I./C.S.I.F) D Diego Ruíz Díez

Vocal (S. LIBRE) Dª Raquel Fernández Sánchez

Secretario D Fernando Blázquez Pérez

 http://cigcorreosgaliza.blogspot.com/

Volver