Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

A CIG CONVOCA ASEMBLEA DE DELEGADOS/AS DE PERSOAL O 9 DE MARZO EN OURENSE

05 Mar 2018

A asemblea celebrarase na Casa Sindical de Ourense, ás 10.00 da mañá

A CIG de Ourense convoca unha asemblea de delegados/as con motivo da celebración do Día da Clase Obreira Galega, que se celebrarará o vindeiro venres 9 de marzo, ás 10 da mañá, na Casa Sindical (Parque de San Lázaro).

Despois de oito anos de crise económica e dos efectos das reforma laborais e sociais, que desde o 2010, primeiro cos Gobernos do PSOE, e desde o 2012, co Goberno do PP, vai en aumento o retroceso das nosas condicións de vida e dos nosos dereitos laborais e sociais.

A precariedade e a pobreza laboral, especialmente na provincia de Ourense, o medre das contratacións a xornada parcial, dos contratos que duran horas,días ou como máximo unha semana, a caída dos salarios, o aumento dos e das traballadoras con ingresos inferiores ao SMI, ou quen estando no paro non percibe ningunha prestación por desemprego, é unha realidade que cada día camiña a ser máis estrutural, e son os grandes argumentos para saír en manifestación á rúa o vindeiro día 10 de marzo, día da Clase Obreira Galega.

Na provincia temos importantes conflictos abertos: Ataúdes Chao, Mantemento CHUO, Xustiza, xunto con outros moi recentes que xa atoparon vías de solución. Un dos colectivos máis desfavorecido, o de pensionistas, está levando a cabo diferentes actos e mobilizacións, saíndo ás rúas en defensa do sistema público de pensións e contra a privatización que pretenden as grandes compañías aseguradoras e a banca.

Na negociación colectiva, consolídase un novo marco, que descaradamente favorece ao capital, individualizando asrelación laborais, onde o ataque aos nosos dereitos lévase adiante a través da reforma laboral e da centralización da negociación colectiva, coa imposición de convenios estatais fronte aos provinciais e de ámbito galego.

Corremos o perigo da consolidación dunha situación social sen saída, dun empobrecemento xeneralizado e doasentamento, de forma permanente, das novas formas de explotación laboral, das cadeas interminábeis de subcontratación, dos falsos autónomos, de empresas multiservizos, xunto cunha interminábel emigración que, desde o comezo da crise, significou a marcha da Galiza de 153.000 mozos e mozas.

Ás negativas consecuencias de todo isto, súmaselle as actuacións servís e submisas do Goberno de Feixoo a estas políticas neoliberais, emanadas da Unión Europea e de Madrid. A grave destrución dos nosos sectores produtivos básicos, o desmantelamento industrial, o espolio que sufrimos da nosa enerxía, do noso aforro, das nosas materias primas e do noso excedente económico.  As únicas preocupacións do Goberno da Xunta son facilitar a aplicación de leis, como a Lei de Depredación (Lei de Fomento Empresarial), que condenan a Galizaa non poder utilizar os nosos recursos para o noso desenvolvemento industrial e para a creación de emprego digno, xa que se colocan ao servizo exclusivo de Fondos de Investimentos estranxeiros que se enriquecen a base do espolio, á depredación, e a ruína de Galiza.

Con ista situación, esta Asemblea do día 9 de marzo é preparatoria para a xornada de loita, e dende a CIG Ourense quéresa darlhe un papel protagonista ás persoas que participan nestes conflitos.

 

Volver