Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

A CIG CHAMA A PARTICIPAR NAS MOBILIZACIÓNS CONVOCADAS ESTE 25 N CONTRA A VIOLENCIA INSTITUCIONAL QUE SUPÓN A PRECARIZACIÓN DO TRABALLO DOS COIDADOS

21 Nov 2019

En Ourense será ás 11 horas diante do concello

A secretaría das Mulleres da CIG chama a mobilizarse este 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia Contra as Mulleres, para denunciar a explotación que está detrás de todas as actividades relacionadas cos coidados, a súa minusvaloración e a cada vez maior precarización.

As concentracións terán lugar maioritariamente diante dos concellos e das administracións, para denunciar a hipocrisía dos gobernos, que ese día amosarán o seu compromiso contra a violencia machista, cando están escravizando ás mulleres que dedican a súa vida ao traballo mal pagado e precario dos coidados. Porque queremos quitarlle a careta a eses concellos que o 25-N van facer plenos extraordinarios e pendurar lazos e crespóns negros nas fachadas deses espazos teoricamente libres de violencias machistas e son quen precariza a estas traballadoras, pagándolles salarios de miseria, por desenvolver xornadas extenuantes,  obrigándoas a desenvolver tarefas para as que non están contratadas e mesmo a pagar do seu peto os desprazamento,  expoñéndoas á violencia e o acoso nos domicilios.

Sinalamos ao Estado e Xunta de Galiza como culpábeis da explotación de milleiros de mulleres que traballan no sector dos coidados; convertendo as miserias de moitas en cartos para uns poucos; espallando a frustración das persoas ás que van dirixidos os servizos e escravizando as mulleres que neles traballan, vítimas dunha violencia sistémica, tolerada pola sociedade.

Non na nosa conta! as mulleres coidadoras son a cara invisíbel da explotación machista e da violencia institucional! Participa nas mobilizacións convocadas pola CIG este 25N!

+Info:

https://www.cig.gal/nova/a-precarizacion-do-traballo-nos-coidados-e-violencia-machista-8717.html

Concentracións convocadas pola CIG:

A Coruña, ás 11:30 h diante na Xunta, Praza Luis Seoane

Ferrol , ás 12 h na praza de atrás do Concello de Ferrol

Compostela, ás 12:00 h na Xunta, en San Caetano (fronte  á estación de autobuses)

Lugo, ás 11:30 h diante do Concello

Chantada, ás 20 h na Praza de Galicia

Cervo, ás 11:30 h no Centro de Día e Residencia de San Cibrao

Ourense, ás 11 h diante do Concello

Pontevedra, ás 12 h diante da Delegación do Goberno

Vilagarcía, ás 12 h na Praza de Galiza

Volver