Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

A CIG ARRASA NAS ELECCIÓNS SINDICAIS DA CONSTRUTORA VERINESA: HNOS CARRAJO S.A.

23 Abr 2015

Tres candidaturas: CCOO = 0 delegad@s (1 voto. 3%). UGT = 0 delegad@s (3 votos. 9%). CIG = 5 delegad@s (33 votos. 88%)

A candidatura presentada, pola CIG, na construtora verinesa "Hnos. Carrajo, S.A." ven de arrasar nas eleccións sindicais, celebradas o día 22/04/15, obtendo o 88% dos votos dos trabalhadores/as, así como todos os delegad@s de persoal en xogo na empresa (5) e iso tendo a competencia tanto da central sindical UGT, como da central sindical CCOO, que acadaron, respeitivamente, o 9% dos votos e 3% dos votos.

Parabéns a todos os companheiros e companheiras da Unión Local da CIG de Verín e a Limia polo trabalho realizado e, tamén, a todos os trabalhadores e trabalhadoras da empresa que venhen demostrar que, cando as direccións empresariais non intervenhen nos procesos de eleccións sindicais, o sindicalismo nacionalista arrasa fronte ás candidaturas que só aparecen o día das eleccións.

Volver