Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

A ASEMBLEA CELEBRADA EN VERÍN RECLAMA O MANTEMENTO DOS REXISTROS CIVÍS NAS COMARCAS DE MONTERREI E CONSO FRIEIRAS

17 Abr 2015

Coa clamorosa ausencia do Alcalde de Verín, invitado persoalmente por membros da Plataforma, que, umha vez mais, priorizou os seus intereses político-partidarios, ante os intereses do seu povo

O día 16 de Abril de 2015, no Salón de Actos da Casa Sindical de Verín celebrouse a Asemblea cidadá, convocada pola Plataforma en Defensa do Partido Xudicial de Verín; pra abordar as consecuencias da centralización e supresión dos Rexistros Civís na Comarca.

Á reunión asistiron umhas 30 persoas, políticos, sindicalistas e cidadáns/ás, coa clamorosa ausencia do Alcalde de Verín, invitado persoalmente por membros da Plataforma, que, umha vez mais, priorizou os seus intereses político-partidarios, ante os intereses do seu povo.

Na mesma linha que o de Verín, tampouco compareceron o resto dos Alcaldes da Comarca de Monterrei, sendo a única excepción a do Alcalde de Castrelo do Val, Vicente Gómez, membro da Plataforma dende a súa constitución.

Os presentes, previa explicación das consecuencias da supresión de tais organismo públicos, acordaron:

a) A presentación, en todos os Concelhos da Comarca, dumha MOCIÓN en defensa dos Rexistros Civís. Tal presentación realizarase pola vía de formalizala ante a Asemblea da Mancomunidade de Verín que se reunirá hoxe
b) Inicio dumha campanha Informativa na Comarca para informar sobre as consecuncias da supresión dos rexistros civís. Tal campanha iniciarase o próximo día 23 de Abril, colocando un Stand na Feira Comarcal e distribuíndo publicidade informativa.
Igualmente, avaliarase a posibilidade de colocar pancartas en todos os Concelhos da Comarca contra a supresión dos rexistros civís
c) A convocatoria dumha nova xuntanza da plataforma pra próxima semana, co obxecto de avaliar a posibilidade de convocatoria de medidas de presión contra a supresión dos Rexistros Civís.

Volver