A 1 MES PRA QUE REMATE O PROCESO ELECTORAL SINDICAL, A CIG 1ª FORZA SINDICAL EN MONTERREI E A LIMIA
18
Dec
2015
A dia 30 de Novembro a CIG obtén o 50% dos delegados/as sindicais das comarcas de Monterrei e A Limia
O 31 de Decembro rematará o proceso electoral sindical e a CIG xa ten garantida, tras 20 anos sendo a primeira forza sindical, a maioría absoluta de delegados e delegadas nas Comarcas de Monterrei e A Limia.
Resultados a día 30 de Novembro do 2015:
CIG: 46 (50%)
UGT: 19 (20,65%)
CCOO: 20 (21,74%)
CSIF: 3 (3,26%)
OUTROS: 4 (4,35%)