Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

Denuncias contra abusos patronais e sociais

a) Descrición do servizo de denuncias contra abusos patronais e sociais

A Unión Local da CIG de Verín e A Limia presta, aos trabalhadores e trabalhadoras que o demanden (sexan ou non afiliados/as á CIG), un servizo gratuíto e anónimo de interposición de denuncias contra abusos sociais e patronais.

O funcionamento do servizo é moi sinxelo:

1º.- Accédese ao Servizo de Denuncias

2º.- Prémese na sección b) Formula a túa denuncia

3º.- Consígnanse todos os datos requiridos nos campos do formulario

4º.- Redáctase, no apartado: Texto da Consulta *, a denuncia que se queira formular, incluíndo os seguintes datos:

a) Denominación da empresa, persoa e/ou entidade proposta pra ser denunciada

b) Enderezo, telefone, correo-e da empresa, persoa e/ou entidade (se se conhecen)

c) Feitos que se queren denunciar, nome e apelidos das persoas que intervinheron e/ou presenciaron os feitos, datas e horas nas que aconteceron.

d) Calqueroutro dato que se considere importante, por exemplo: enderezo, telefone ou outros datos das persoas que intervinheron e/ou presenciaron os feitos.

5º.- Prémese no botón Enviar Consulta

6º.- A denuncia enviarase automaticamente e será recepcionada nun correo electrónico da CIG, xestionado por un/umha único/a asesor/a xurídico/a. O responsábel do tratamento da denuncia encarregarase de tramitala a nome da CIG, ante o organismo/s correspondente/s, excluíndo os datos indentificativos da persoa que informou ao sindicato sobre o asunto denunciábel.

7º.- A CIG resérvase o dereito a interpor ou non as propostas de denuncia que reciba por este conduto; cursando, unicamente, aquelas que sexan xuridicamente viábeis e que conten con todos os datos requiridos no formulario.

b) Formula a túa denuncia

Por favor, suma 5 e 9.
 

c) Estudos, Informes e Denuncias formuladas pola CIG